miércoles, 16 de enero de 2013
Recadados os cartos necesarios
MOITAS GRAZAS A TOD@S @S QUE FIXESTEDES POSIBLE O PAGO DAS MULTAS. Hoxe á mañá recaudamos todo o diñeiro necesario para sufragalas. Grazas aos que acódestedes ao concerto solidario e aos que tocástedes para nós; grazas tamén aos que organizáchedes o Magosto e recaudáchedes para a causa; a todos os colectivos que nos díchedes publicidade, e a toda a xente que ingresou o seu diñeiro e a súa solidariedade na nosa conta. A Subdelegación do Goberno non nos retirou a multa, deixando ben claro o seu afán recaudatorio e represor. Pero tod@s vos demostrástedes que somos moit@s os que seguimos coa loita, e que non haberá maneira de que nos paren; seguiremos defendendo unha educación pública que garanta o ensino e a igualdade para todas as persoas. Novamente, GRAZAS.
domingo, 13 de enero de 2013
Sobre as sancións impostas pola defensa da Universidade pública
Como a maioría sabedes, o pasado 25 de
maio de 2012, un grupo de estudantes do campus de Lugo da
Universidade de Santiago de Compostela que se viña organizando
previamente para defender a Universidade pública, comezando cun peche na biblioteca Intercentros, decidiu levar as reivindicacións á rúa mediante unha serie de cortes de tráfico en distintos puntos do
centro da cidade de Lugo. Á protesta, en todo momento pacífica,
sumáronse nais e pais, membros da comunidade universitaria,
representantes políticos e demáis. Tras tres cortes en diferentes
puntos, durante os que a Policía foi quen de redirixir o tráfico, e
nos que os conductores máis cercanos que podían escoitar as
consignas e coñecer os motivos da protesta apoiábana, malia seren
molestados pola mesma, a protesta disolveuse. Gran parte dos
estudantes que participaron nela camiñaban cara o Campus de novo
para celebrar unha asemblea. Durante o camiño, a Policía fixo acto
de presencia na Rúa San Roque, e perseguiu e identificou a
estudantes que xa nada facían senon camiñar polas beirarúas, coa
protesta xa finalizada sen ningún tipo de incidente nin coa policía,
nin cos conductores nin cos veciños, que manifestaron
maioritariamente a súa solidariedade. Pese a actitude intimidatoria
da Policía, os estudantes non responderon de ningún xeito violento.
Algúns botaron a correr ante o medo pola excesiva mobilización
policial, e outros identificáronse coma se lles ordenou. Varios dos
axentes non ían identificados debidamente durante a intervención.
A partir de xullo comezaron a chegarmultas por valor de 200€ a trece dos preto de dezasete
identificados, acusándoos de "... alteración de la seguridad
colectiva, así como un grave desorden en una via pública originando
grandes retenciones del tráfico..."
Tras o proceso de alegacións, a
Subdelegación do Goberno rebaixou as sancións a 100€. Tras a
segunda alegación, chegou o aviso definitivo de pago das sancións,
que ten como data máxima o día 20 de xaneiro.
A solidariedade e organización da
comunidade universitaria fixo posible recadar parte dos cartos a
través de actividades coma un concerto solidario no Clube
Clavicémbalo e un magosto popular organizado pola Liga Estudantil
Galega. Pese a todo, aínda non foi posible recadar todos os cartos
necesarios.
A maioría de nos, estudantes, non ten
ingresos regulares, e non resulta fácil facer fronte ao pago das
sancións. Temos motivos para chamar á solidariedade e á
colaboración para sufragar estas multas. En primeiro lugar,
considerámolas inxustas, xa que foron identificacións fóra da
protesta e sen estar a cometer no momento das mesmas ningunha
irregularidade. Ademáis, consideramos que esta actitude da
Subdelegación do Goberno responde a unha vontade de amedrentar a
comunidade estudantil, movementos sociais, asociacións e demáis
colectivos que loitan polos seus dereitos contra as políticas
imperantes nos Parlamentos. Finalmente, consideramos cousa de todos
defender a Universidade pública, e cremos que moita xente estará de
acordo coa nosa loita e querrá, na medida das súas posibilidades,
ter un xesto de apoio nun momento de represión da loita estudantil.
Os trece multados tras esta protesta poderían ter sido calquera de
nós, xa que a norma é a criminalización da protesta social e a
política intimidatoria e disuasoria.
Poñemos á disposición de calquera
que quera aportar calquera cantidade económica un número de conta,
tamén enlazado ao sistema electrónico de doazóns Paypal.
Agradecemos tanto a colaboración de
parte da comunidade universitaria, que manifestou o seu apoio en
varias ocasións, coma dalgúns partidos políticos, organizacións
sociais e sindicais, movementos estudantiles... Queremos continuar
esta loita pola defensa da Universidade pública de todos e para
todos malia o medo que queren impoñer. As asembleas, reunións e
actividades reivindicativas seguirán adiante. Seguiremos informando
das nosas convocatorias.
Doazóns para o pago solidario das sancións impostas por defender a Universidade pública
Recadados todos os cartos necesarios, grazas pola vosa solidariedade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)